Preséntase o libro "As douradas sílabas" sobre López Ardeiro
Hotel Tamara, Negreira
20:00

O libro relata a vida e a obra do poeta Xosé M. López Ardeiro e está escrito por Xulián Magariños, Noemí Álvarez, María Rey e Suso Sambade, todos eles profesores do instituto negreirés.
O acto contará coa participación dos catro autores e da profesora e crítica literaria Dolores Vilavedra.
O volume presenta e analiza, por un lado, a obra literaria de Xosé M. López Ardeiro (Negreira, 1944-Ferrol, 2007), e por outro trata de difundir a personalidade do escritor a través das conversas gravadas que mantiveron con el os autores do libro. Deste xeito o poeta preséntase a si mesmo e fala das diferentes etapas da súa vida, das relacións afectivas e familiares, do amor, do traballo, do seu compromiso social e das inquedanzas que o motivaron.
A súa traxectoria poética comeza en 1981 coa súa primeira obra, Na néboa dunha espranza, gañadora do premio de poesía Cidade de Ourense. En 1985 publica En bela sombra e amaranto, coa que obtén o premio Celso Emilio Ferreiro do Concello de Vigo. A esta séguena as súas tres últimas obras: O matiz esmeralda da sombra, premio Eusebio Lorenzo Baleirón, Un xardín no tempo e Versos de ausencia e desagravio.
Imprimir