Axenda



Galeano presenta o libro "Espejos. Una historia casi universal"

Salón de Actos do Centro de Desenvolvemento Caixanova, Ourense
20:00
  • MAI 14
Organizan o evento a editorial Siglo XXI e o Club Internacional de Prensa, cuxa directora, Carmen Carballo, se encargará de presentar ao escritor.
Espejos. Una historia casi universal é o último libro de Eduardo Galeano. Nel ofrece unha perpectiva do mundo en 600 relatos a través das voces que non son habitualmente escoitadas, dos excluídos do sistema capitalista neoliberal.

O pasado día 8 Edicións Laiovento presentou o libro do escritor uruguaio Cartas ao señor futuro. É unha escolma dos mellores artigos de Galeano escritos nos últimos anos en diversos xornais do Uruguai, inéditos en formato libro. Neles fai unha dura crítica das políticas neoliberais, que conduciron a un novo tipo de imperialismo, á usurpación da democracia polos consellos de administración das empresas transnacionais e a un retroceso das conquistas da clase traballadora.

Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |