Axenda



Vicente Araguas e Miro Casabella nun acto das Letras en Ferrol

Teatro Jofre. Ferrol
20:00
  • MAI 15
Teatro Jofre Intervirán ademais o coro Toxes e Froles, Henrique Rabuñal e Mauricio Castro, cunha reivinidicación de Carvalho Calero para os homenaxeados vindeiros.
O acto conmemorativo das Letras 2008 en Ferrol será presentado e conducido polo poeta e escritor Vicente Araguas, conta coa participación de Miro Casavella e do Real Coro Toxos e Froles na parte musical. Tamén o bailarín Jesús Quiroga pora en escena a peza "Negra Sombra".
Henrique Rabuñal e Mauricio Castro unha achega á vida e obra de Álvarez Blázquez e Ricardo Carvalho Calero, no que suporá unha reivindicación para que o escritor e lingüista ferrolán sexa incluído na relación de homenaxeados no Día das Letras.
Ferrol festexa así o 17 de maio cun acto cidadán que contou na súa organización coa participación de oito entidades culturais e trece asociacións de veciños canda a Concellaría de Cultura que leva Iolanda Díaz.

Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |