Axenda



Charla de Manuel Núñez Singala

Libraría Couceiro, Santiago
12:00
  • MAI 15
Núñez Singala é xefe do departamento de normalización lingüística da USC e autor de libros como a obra de teatro "Comedia bífida".
Comedia bífida, editada por Galaxia, presenta unha reflexión crítica sobre a situación do galego. Pon enriba da mesa moitos dos prexuízos que aínda persisten arredor da lingua e do seu uso: o conflito lingüístico, situacións de diglosia ou a consideración do galego como unha lingua de segunda, ou mesmo de terceira.

Manuel Núñez Singala deuse a coñecer como escritor en 1991 con outra obra teatral, O Achado do Castro, gañadora do Premio Xiria de Creación Teatral. Tamén abordou a novela, con Mar de fondo (1997) e o relato, con Minirrelatos (2000), Longa lingua (2002) e Sempre mar (2003).

Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |