Axenda



Encontro para nenos organizado por Sotelo Blanco

Praza de Cervantes, Santiago de Compostela
12:00
  • MAI 14

A actividade xira en torno ao libro “A rebelión das rúas”, de Ana Boullón e Pere Tobaruela, que recolle as rúas máis emblemáticas de Santiago e o significado dos seus nomes.

A rebelión das rúas, cuxas ilustracións son de Andrés Meixide, é o terceiro volume da colección infantil Branco de Cores, patrocinada polo Consorcio de Santiago e editada por Sotelo Blanco, na que a cidade de Santiago, a súa historia e os seus personaxes son una constante.

Esta xornada forma parte do programa “Esperando as letras”, promovido polo Concello de Santiago de Compostela, e a Semanana das Letras da Libraría Couceiro. O fin é sacar á rúa e aos espazos de ocio a literatura durante a semana das Letras, a través de actividades lúdicas principalmente para os cativos.

Pola tarde haberá na mesma praza, a partir das seis, un obradoiro de papiroflexia impartido por Covadonga Blanco, profesora de matemáticas da Escola de Aparelladores da Coruña, e Teresa Otero, profesora do Instituto Antón Fraguas.


Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |