Axenda



Camilo Nogueira presenta en Vigo os seus novos ensaios

Casa do Libro, Vigo
20:00
  • MAI 14
"Galiza na unión. A porta atlántica" e "Europa, o continente pensado" son os títulos das dúas novas obras do político vigués, ambas editadas por Galaxia.
Ademais do autor, interveñen no acto de presentación Carlos Lema, director de edicións de Galaxia, e Amada Traba, profesora na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo.

Galiza na unión
analiza a significación que ten para o país o proxecto europeísta. Segundo Nogueira a sociedade galega respondeu dun xeito admirábel, dispoñendo dunha singular estrutura produtiva, con múltiples actividades económicas que encabezan as do estado español.

Europa, o continente pensado fai un percorrido pola construción da Unión Europea, dende os primeiros tratados do carbón e o aceiro ata a actualidade. Nogueira aborda a creación da UE como unha institución orixinal que revoluciona o carácter dos estados que integra e que se enfronta hoxe en día ao pleno recoñecemento da diversidade nacional.


Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |