Axenda



Rei Núñez no Club de lectura de Pontevedra


19:00
  • MAI 12
Expediente Artieda

O narrador falará de "Expediente Artieda", novela pola que recibiu o Premio Xerais en 2001.

O escritor e xornalista Luis Rei Núñez, recentemente galardoado co Premio da Crítica Española, participa na sesión do Club de Lectura da Biblioteca Pública de Pontevedra, onde comentará cos seus integrantes a obra Expediente Artieda, que acadou o Premio Xerais no ano 2001, a partir das 19,00 horas.

Durante dúas sesións, as vinte persoas que integran este club de lectura fóronse reunindo e comentando por fragmentos a novela. A presenza do autor, Luís Rei Núñez, pecha esta sexta lectura do club, á que lle seguirá A pensión Eva de Andrea Camilieri.


Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |