Axenda



Preséntase na Coruña “Corpo baleiro” de Berta Dávila

Galería Sargadelos
20:00
  • MAI 09

O acto contará coa participación de Miguel Anxo Fernán-Vello, Xulio López Valcárcel e Berta Dávila.

O libro, editado por Espiral Maior, é o primeiro da poeta compostelá, que malia á súa mocidade xa ten colaborado en varias obras colectivas e mesmo impartido conferencias, como a que deu sobre Rafael Alberti no ciclo 'Poesía última', organizado pola Fundación Rafael Alberti en Cádiz.

No prólogo do volume Fernán-Vello define a poesía de Dávila como “poesía do sentimento, ou mellor dito, da resonancia do sentimento”. E engade: “o 'corpo baleiro' da poeta é un estado da alma, unha proxección semiótica do vivido e do sentido”.


Imprimir

Ligazóns:

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |