Axenda



Presentación de "Grial 176. Xénero, sexo e sexualidade" en Ourense

Fundación Caixa Galicia, rúa Xoán XXIII, Ourense.
20:00
  • MAI 19
Participan no acto Marta Arribas, concelleira de Igualdade, Beatriz Fernández Anguiano, responsable da sede ourensá da Fundación Caixa Galicia, Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, e Dolores Vilavedra.
Neste número da revista as profesoras María Xosé Agra e Dolores Vilavedra coordinaron un equipo de colaboradores que trataron o tema do sexo, a familia, a relación entre as culturas, a dependencia, a heterodoxia ou os mitos antigos. Nel participaron Lourdes Méndez, Raquel Osborne, Sara Barrón, Jorge Sacido, María Reimóndez e Xosé Manuel Buxán.

Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |