Axenda



Presentación de “Carta ao señor futuro”


20:00
  • MAI 08

Esta obra, de Eduardo Galeano, foi traducida para Edicións Laiovento por Alfredo Iglesias. É unha escolma de artigos que se edita por primeira vez en formato libro.

O acto de presentación contará coa participación do tradutor, do editor, Francisco Pillado, e de Xosé Manuel Beiras. Alfredo Iglesias, amais da tradución, achega un limiar, “Convocando a utopía”, no que contextualiza amplamente a figura do escritor como un referente fundamental para entender a realidade socio-política de América.

A sólida carreira xornalística e literaria e a súa posición ideolóxica incorruptíbel propiciaron a tradución ao galego de Cartas ao señor futuro. É unha escolma dos mellores artigos de Galeano escritos nos últimos anos en diversos xornais do Uruguai, inéditos en formato libro. Neles fai unha dura crítica das políticas neoliberais, que conduciron a un novo tipo de imperialismo, á usurpación da democracia polos consellos de administración das empresas transnacionais e a un retroceso das conquistas da clase traballadora. Así mesmo advirte dos perigos da biotecnoloxía e da responsabilidade humana nos desastres naturais. Indígnase fronte á exclusión e a pobreza de millóns de seres humanos e pon a súa palabra a favor da dignidade proletaria, da solidariedade e do dereito á rebeldía e a soñar cun futuro mellor.

Eduardo Galeano estará proximamente en Galicia para presentar o seu novo libro Espejos, una historia casi universal. Será en Santiago de Compostela o 12 de maio, no Auditorio de Galicia, e en Ourense, o 14 de maio, no Centro de Desenvolvemento Caixanova.


Imprimir

Ligazóns:

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |