Axenda



Preséntase unha campaña de Bookcrossing no Val Miñor

Xardíns do parque da Ramallosa
11:00
  • MAI 10
Cartel boockcrossing

O colectivo Espazo Lectura ceibará 120 libros en espazos de Baiona, Gondomar e Nigrán.

Esta iniciativa consistente en colocar libros en espazos públicos para o seu intercambio xurdiu do colectivo Espazo Lectura, que traballa na dinamización desta actividade, e conta coa colaboración dos Concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán.

A campaña suporá a liberación de 120 libros en diferentes lugares dos tres concellos para que a xente poida collelos, lelos e volvelos deixar ceibes co fin de que outras persoas poidan atopalos.

No acto de presentación da campaña, nos xardíns do parque da Ramallosa, ao lado da antiga estación do tranvía, estarán presentes os alcaldes das tres vilas así como integrantes do colectivo Espazo Lectura: a súa presidenta, Concha Costa, e a coordinadora desta campaña, Anaír Rodríguez.


Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |