Axenda



Presentación de "Safo: cantos e fragmentos"

Compostela. Biblioteca Ánxel Casal. Rúa Xoán XXIII
19:00
  • MAI 08
Safo: cantos e fragmentos Os textos de Safo ven a luz en versión do poeta Raúl Gómez Pato en Edicións Positivas.

No acto de presentación intervirán o editor, Francisco Macías, Mª Teresa Amado, profesora de Grego da USC e tradutora, a narradora Pilar Buela e Raúl Gómez Pato, traductor desta obra e escritor. Poranlle calor, arte e música a cantante Carmen Dor e o cantautor Tino Baz.

Este volume compila os poemas e fragmentos conservados de Safo de Lesbos, representante da lírica grega arcaica en que se une discurso erótico e vida incerta. A tradución foi realizada polo poeta e especialista en clásicas Raúl Gómez Pato.


Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |