Axenda



Xosé María Álvarez Cáccamo fala do 'tempo do seu pai'

Casa Galega da Cultura, praza da Princesa, Vigo
20:00
  • MAI 21
Xosé María Álvarez Caccamo falará sobre o seu pai, Xosé María Álvarez Blázquez, homenaxeado polo Día das Letras de 2008, dende a lembranza íntima dos instantes e as imaxes que configuran a súa memoria.
Esta conferencia ten lugar trala presentación do seu libro Tempo do pai, editado por Galaxia. Nel, amais das propias vivencias entre pai e fillo, Cáccamo recolle diversos testemuños da xente próxima ao escritor tudense, así como unha interpretación dos seus textos literarios e de investigación, na que transloce o pensamento e o activismo cultural de Xosé María Álvarez Blázquez.

Na Casa Galega da Cultura, onde terá lugar o faladoiro, está instalada a exposición "A palabra e os días. Homenaxe a Xosé Mª Álvarez Blázquez", aberta dende o 21 de abril ata o 25 de maio. A mostra contén tanto material bibliográfico coma obxectos persoais do escritor e pezas dos fondos da familia Álvarez Blázquez.

Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |