Axenda



Álvarez Cáccamo presenta "Tempo do pai"

Biblioteca Uxío Novoneyra de Vilaboa, Culleredo
20:00
  • MAI 07
Xosé María Álvarez Cáccamo fala sobre o seu pai, Xosé María Álvarez Blázquez, homenaxeado nas Letras Galegas de 2008, con motivo da presentación do seu libro Tempo do pai.
Tempo do pai é a biografía de Xosé María Álvarez Blázquez escrita dende a lembranza íntima dos instantes e das imaxes que configuran a memoria do seu fillo, o poeta Xosé María Álvarez Cáccamo.

O libro tamén acolle o testemuño da xente próxima a aquel acontecer vital e a interpretación dos textos literarios e de investigación a través dos que se manifesta a experiencia e o pensamento do home, do escritor e do activista cultural que foi Xosé María Álvarez Blázquez.

Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |