Axenda



Xerais presenta en Vigo "A cidade e os días" de Álvarez Blázquez

Salón de actos do Marco, Vigo
12:00
  • MAI 10
No acto participarán Alfonso Álvarez Cáccamo, en representación da familia do autor, Lalo Vázquez Gil, cronista oficial da cidade de Vigo, Ceferino de Blas, director xeral de Faro de Vigo, Manuel Bragado, director de Edicións Xerais de Galicia, e Abel Caballero, alcalde de Vigo.

Esta edición d’A cidade e os días, publicada por Xerais en colaboración co concello de Vigo, rescata para a lingua galega o calendario histórico de Vigo, desenvolvido por Xosé María Álvarez Blázquez ao longo de 1959 nas páxinas do xornal Faro de Vigo e publicado, logo, en formato libro por Ediciones Monterrey en 1960. Nesta obra Álvarez Blazquez ofrece un relato histórico do que foi Vigo, desde o burgo de pescadores da Idade Media, pasando polo carácter de porto corsario no século XVIII, até converterse na cidade portuaria e industrial de hoxe. Tras a súa primeira publicación, hai case cincuenta anos, A cidade e os días non perdeu un ápice do seu interese xa que constitúe moito máis ca un libro de historia. É unha apaixonada biografía literaria da cidade de Vigo e da súa contorna, escrita cunha prosa maxistral e un alento narrativo moi notable. Nese carácter profundamente literario é onde reside a importancia e a beleza deste relato colectivo, que dificilmente vai quedar obsoleto.


Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |