Presentación do "Diccionario Xosé María Álvarez Blázquez"
Libraría O Trasno Viaxeiro, Cacheiras
20:00
No acto participarán a concelleira de cultura de Teo, Carme Hermida, o editor, Antonio Puentes, o profesor e investigador literario Xesús Alonso Montero e a autora, Ana Acuña.
Este manual, editado por 3C3 Editores, pertence á colección Diccionarios, dedicada aos escritores e escritoras homenaxeados o Día das Letras Galegas. Ana Acuña, estudosa de Álvarez Blázquez, presenta neste volume unha serie de entradas con todos os datos debullados sobre a obra do autor tudense. O libro conta ademais con cadros sinópticos e outras actividades para traballar cos alumnos na aula –tanto cos de primaria coma cos de secundaria–, unha selección de textos e unha sección de imaxes. Encargouse da redacción dun poético limiar Luz Pozo Garza.
Imprimir