Axenda



Conferencia sobre Álvarez Blázquez a cargo de Darío Xohán Cabana

Liceo de Ourense
20:15
  • MAI 05
Esta actividade inclúese no IV Ciclo de Conferencias Visións de Galicia do liceo ourensá, desta vez centrado na xeración de escritores da posguerra.

O programa inclúe outras catro conferencias sobre Uxío Novoneyra, Manuel María, Celso Emilio Ferreiro e Antón Tovar, que serán impartidas, respectivamente, por Luis González Tosar, Miguel Anxo Fernán-Vello, Ramón Nicolás Rodríguez e Marcos Valcárcel.

Despois da vitoria nacional na guerra civil, a fecunda produción cultural galega dos anos trinta converteuse nun ermo do que só se comezou a ver unha saída coa publicación de Cómaros verdes, de Aquilino Iglesia Alvariño, en 1947. Naceron despois a Editorial Galaxia (1950), as primeiras revistas poéticas bilingües (Posío, Alba, Gelmírez...) e as primeiras coleccións poéticas como Benito Soto, coordinada por Celso Emilio, ou Xistral en Monforte. Nos anos cincuenta comezaron a aparecer as primeiras obras dos integrantes da chamada Promoción de Enlace e da Xeración das Festas Minervais.

Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |