A intervención titúlase "Auga crebada, poemas de río e mar" e parte de textos dos poemarios "Mar de Lira" e "Miño".
Un novo martes literario na Galería Sargadelos da Coruña contará coa presenza do narrador e poeta Francisco X. Fernández Naval que realizará unha intervención a partir de textos dos seus poemarios Mar de Lira e do receptor do Premio Cidade de Ourense en 2007, Miño.