Axenda



Concerto na Coruña de Paulino Pereiro para homenaxear a Curros

Teatro Rosalía de Castro, A Coruña
20:00
  • MAI 18
O compositor coruñés ofrecerá un concerto de catro composicións para cuarteto de corda, tres delas estreas absolutas, creadas para conmemorar a figura de Manuel Curros Enríquez.

O concerto iniciarase con Latitpur, unha obra abstracta nomeada cunha palabra nepalí que significa "cidade da beleza e das artes". As tres pezas restantes son de inspiración popular, baseadas en temas coñecidos da música tradicional galega: un alalá de Muxía, unha pandeirada e unha melodía galega para cuarteto de corda.

Esta actividade enmárcase dentro do programa desenvolvido polo centenario do falecemento do escritor de Celanova, organizado conxuntamente pola Consellaría de Cultura e os concellos da Coruña, Santiago, Ourense, Pontevedra e Vigo. Ten un carácter itinerante e poderán gozar del varias cidades e vilas galegas.

Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |