Axenda



Ourense homenaxea a Curros cunha exposición e un recital

Cidade de Ourense
14:00
  • MAI 15

"Curros Enríquez, Nación, liberdade e progreso" e "Na fronte unha estrela".

Curros Enríquez. Nación, liberdade e progreso é unha mostra concibida para o exterior, que fai un percorrido pola significación literaria, social e política do escritor celanovés a través de oito paneis con información escrita e gráfica e proxeccións audiovisuais. Permanecerá en Ourense ata o 27 de maio e pasará por outras seis localidades.

Coincidindo coa exposición, terá lugar o recital poético-musical Na fronte unha estrela composto con poemas e cantigas líricas baseadas nos textos do autor. As pezas serán interpretadas pola mezzosoprano María José Ladra e o barítono e recitador Antón de Santiago, autor tamén do guión da montaxe. A parte instrumental correrá a cargo do grupo Cítola.

Ambos os dous eventos encádranse no programa de actividades organizado con motivo do centenario do pasamento de Curros Enríquez, promovido pola Consellaría de Cultura, que estará presente en 35 concellos.

Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |