"Curros Enríquez, Nación, liberdade e progreso" e "Na fronte unha estrela".
Coincidindo coa exposición, terá lugar o recital poético-musical Na fronte unha estrela composto con poemas e cantigas líricas baseadas nos textos do autor. As pezas serán interpretadas pola mezzosoprano María José Ladra e o barítono e recitador Antón de Santiago, autor tamén do guión da montaxe. A parte instrumental correrá a cargo do grupo Cítola.
Ambos os dous eventos encádranse no programa de actividades organizado con motivo do centenario do pasamento de Curros Enríquez, promovido pola Consellaría de Cultura, que estará presente en 35 concellos.