"Galiza na unión. A porta atlántica" e "Europa, o continente pensado" son os títulos dos dous novos ensaios do político vigués. As dúas obras están editadas pola editorial Galaxia, polo que o autor estará acompañado no acto de presentación polo director xeral desta entidade, Víctor F. Freixanes.
Europa, o continente pensado fai un percorrido pola construción da Unión Europea, dende os primeiros tratados do carbón e o aceiro ata a actualidade. Nogueira aborda a creación da UE como unha institución orixinal que revoluciona o carácter dos Estados que integra e que se enfronta hoxe en día ao pleno recoñecemento da diversidade nacional.