Axenda



Preséntase en Vigo "O segundo sexo"

Libraría Librouro, Vigo
20:00
  • ABR 25
O segundo sexo O primeiro volume da obra de Simone de Beauvoir xa está en galego grazas á coedición entre Xerais e a Xunta de Galicia.
No acto de presentación do volume intervirán Marga Rodríguez Marcuño, tradutora da obra; a escritora María Xosé Queizán e Carmen Adán, secretaria xeral da Igualdade, así como o editor, Manuel Bragado.

O segundo sexo de Simone de Beauvoir, obra publicada en 1949, é un texto imprescindíbel para o proceso de toma de conciencia das mulleres e a primeira reflexión filosófica con fondura sobre a construción da condición feminina.


Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |