Dirixidas inicialmente a persoal docente e organizadas pola AELG e pola AS-PG analizarán a obra dun dos piares do Rexurdimento.
Este curso de de formación en liña está dirixido preferentemete aos docentes de Primaria, Secundaria e Bacharelato aínda que tamén se poden matricular nel persoas que non pertenzan a este colectivo e estean interesadas na obra do poeta ourensán.
A actividade terá lugar as tardes dos días 6, 8, 13 e 15 de maio de 2008. Comporanse de dúas sesións semanais de tres horas pola tarde. Despois da intervención de cada relator disporase dun espazo para o coloquio virtual. A actividade contará con emisión en liña desde a Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña a través da plataforma de formación virtual Moodle.