O concello portugués de Vieira do Minho celebra durante sete días a segunda edición deste evento multidisciplinar.
Na segunda convocatoria de Arte e Criação haberá cabida para un grande número de disciplinas artísticas. Coordinada pola artista plástica Adriana Henriques, as xornadas contarán coa presenza galega de poetas como Óscar Antón Pérez, Rafa Villar, Verónica Martínez, María N. Soutelo e Alberte Momán, o artista plástico e tamén poeta Anxo Pastor, ou o profesor universitario Carlos Quiroga.
Arte e Criação II é unha exposición que se desenvolve en función das características do espazo expositivo, dividido en distintas áreas da vila: Auditorio Municipal, Tenda Xigante e espazos públicos. Os e as artistas exporán nestes espazos as súas obras, correspondentes a distintos medios de expresión: pintura, escultura, deseño, fotografía, performance, música, audiovisual e escrita.