Preséntase o número 31 da revista "Dorna"
Facultade de Filoloxía. Santiago de Compostela
19:30

Cun recital en que estarán María do Cebreiro, Alberto Lema, Xiana Arias, Anxo Angueira, Andrea Núñez, e Lía Santiso e Manu Clavijo.
Con este número recupérase a traxectoría dunha revista que leva dende 1981 ofrecendo un lugar para a expresión de voces emerxentes xunto con outras longamente consagradas.
O presente número conta, entre outras, coas colaboracións de Anxo Angueira, Chus Pato, Darío Xohán Cabana, Elvira Riveiro, Fran Alonso, María do Cebreiro, María Lado, Marilar Aleixandre, Marta Dacosta ou Miro Villar, xunto con poetas que tiraron recentemeten os seus primeiros libros: Alberto Lema, Andrea Núñez, Rosa Enríquez ou Xiana Arias.
O número inclúe tamén unha antoloxía bilingüe do poeta vasco Kirmen Uribe e está ilustrado con obra fotográfica da artista Carmen Chacón.
Imprimir