Axenda



Teatro para nenos entre as novidades de TresCTres

Libraría Follas Novas, Santiago de Compostela
20:00
  • ABR 10
Preséntase en Compostela "O rei Maragato estaba triste e tres pezas máis", de Cipriano Fernández.
O rei Maragato contén unha selección de catro pezas de teatro que o escritor e mestre Cipriano Fernández Fernández escribiu e levou á escena. Son textos axeitados para educar en valores e achegar o xénero dramático ao público infantil e de primaria, facilitando a súa representación polos cativos mesmos. O limiar é de Segundo Durán “Chiki” e as ilustracións, de David Ferrando.

O acto de presentación do libro, ás 20 horas na Libraría Follas Novas (Rúa Montero Ríos, 37), contará coa presenza do autor e de Antonio Puentes Chao, director editorial de 3C3.

Imprimir

Ligazóns:

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |