Festa de presentación do novo número de "Barsowia"
Libraría Alita Cómics, A Coruña
20:00

A revista do colectivo Polaqia medra en páxinas e en colaboradores.
A libraría Alita Cómics (Rúa do Orzán, 110) será escenario da festa de presentación do número 11 da revista Barsowia, editada polo colectivo Polaqia. A nova entrega xa pasa das cen páxinas e conta con novidades no apartado de creación: Miquel Rof, Luís Bustos, Jorge García ou David Soares son algúns dos colaboradores novos que se suman ao agregado de habituais. Ademais, coa saída do novo número tamén se anuncian cambios no seo do colectivo editor: David Rubín é agora o presidente e Xosé Domingo, o coordinador da publicación.
Imprimir