Axenda



Feira do Libro de Santiago de Compostela

Alameda de Compostela
  • ABR 09
Unha sesión de contacontos e dúas novas presentacións de libros, actividades centrais do día.
O programa de hoxe contempla as seguintes actividades:

11.00 Visita dos escolares á Feira do Libro. Actividades de animación á lectura.

18.00 'Moito conto'. Sesión de contacontos a cargo de Ana Carreira.
19.00 O escritor Rafael Lema presenta o seu libro UB-49, publicado pola Editorial Tambre–Edelvives. Ao remate do acto, o escritor asinará exemplares do seu libro.
20.00 A Editorial Galaxia presenta o libro Fin de século en Palestina, do escritor Miguel Anxo Murado. Xunto co autor, participarán no acto Dolores Vilavedra e Víctor Freixanes.
21.00 Sorteo dun lote de libros.


Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |