Axenda



Obradoiro de plástica creativa con Marc Taeger

Escola Infantil de Conxo, Santiago de Compostela
16:00
  • ABR 07
Marc Taeger O ilustrador visitará os alumnos e alumnas da Escola Infantil Municipal de Conxo.
O obradoiro forma parte do programa de actividades da VIII Campaña de Animación á Lectura, que promoven a Concellaría de Educación de Santiago e Kalandraka Editora e leva por título 'O eco da memoria'. Ademais do obradoiro, Marc Taeger ten previsto realizar unha intervención artística nos espazos da Escola Infantil de Conxo a partir do personaxe do seu libro Aquiles o puntiño.

Marc Taeger, artista suízo que vive en Galicia, tamén ilustrou para Kalandraka A verdadeira historia de Carapuchiña, co que gañou o Premio Daniel Gil de Deseño Editorial 2005. Animación, pintura, escultura e arte gráfica son algúns dos eidos nos que realiza a súa obra, que se expuxo en Luxemburgo, Alemaña, China, España e Francia, entre outros países. Taeger é tamén autor dalgunhas das ilustracións que se expoñen na Galería Sargadelos ao longo deste mes, pertencentes a un álbum inédito titulado Garbanciño, que Kalandraka publicará proximamente.

Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |