Axenda



Presentación do número 2 de "Roteiros"

Libraría Couceiro, Santiago de Compostela
20:00
  • ABR 08
A interculturalidade e os seus conflitos, eixo temático da nova entrega do anuario filosófico.
Vén de saír do prelo o segundo número de Roteiros. Arumes de pensamento crítico, o anuario que editan a Asociación Cultural de Pensamento Filosófico e 3C3 Editores. No acto de presentación que se celebra hoxe en Couceiro intervirán os profesores e membros do Comité de Redacción da revista Isidro García Tato e Ramón López Vázquez, xunto co director editorial de 3C3, X. Amancio Liñares Giraut.

Os artigos e ensaios incluídos neste número gravitan arredor da interculturalidade e os conflitos que ás veces xera. Colaboran no volume Raúl Fornet-Betancourt, Ricardo Salas Astrain, Luis Villoro, Xulián Barrio Barrio, Beatriz Fernández Herrero, Miguel Á. Martínez Quintanar, Ángel E. Carretero Pasín, Daniel Gutiérrez Martínez, Mauricio Beuchot, Juan R. Coca e Emilio Valadé. Ofrécense ademais varias recensións de libros editados recentemente.

Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |