A primeira feira da temporada en Galicia capitalizará os eventos literarios da cidade do 5 ao 13 de abril. 11.00 Apertura da feira do libro.
13.00 Actuación da Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela
13.15 Inauguración oficial da feira coa participación da Asociación do Traxe Galego. Pregón inaugural da feira a cargo de Xurxo Souto.
18.00 Fátima e o Mago David presentan o seu espectáculo de contacontos e maxia Revolto de maxia, contos e algo máis.
18.00 O escritor Xosé Neira Vilas asinará exemplares das súas obras.
20.00 O escritor Arsenio García Sánchez presentará o seu libro Dos de Mayo de 1808. El grito de una nación, publicado por Editorial Inédita. Ao remate do acto, o autor asinará exemplares do seu libro
21.00 Sorteo dun lote de libros.