Axenda



Entrega do premio Bos e Xenerosos á AS-PG

CGAC, Santiago de Compostela
11:45
  • ABR 12
Premio Bos e Xenerosos A AELG recoñece así a traxectoria da Asociación Socio-Pedagóxica Galega a prol do ensino en galego.
A galardón que concede anualmente a Asociación de Escritores/as en Lingua Galega quere poñer de relevo o traballo que durante tres décadas leva realizado a AS-PG no terreo da normalización lingüística, da formación docente e da produción de publicacións e materiais educativos de toda índole na nosa lingua. O acto comezará ás 11.45 h. no Auditorio do Centro Galego de Arte Contemporánea (Rúa Valle Inclán, s/n) de Santiago de Compostela.

Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |