Entrega dos premios Irmandade do Libro
R. C. Náutico de Sanxenxo
21:30

A Federación de Libreiros de Galicia celebra en Sanxenxo a XVII edición dos seus galardóns anuais.
Xosé María Álvarez Cáccamo recibirá o premio ao autor do ano. Distinguirase tamén o libro e mais a obra editorial do ano e farase entrega dos premios correspondentes ás categorías de centros de ensino, institucións, medios de comunicación e librarías. O acto terá lugar no Club Náutico de Sanxenxo (Rúa Augusto González Besada, 11) ás 21.30h.
Imprimir