An Alfaya, convidada da Lonxa Literaria
Casa da Mocidade, Moaña
18:00

O club de lectura moañés recibe a autora para conversar sobre a súa novela "A sombra descalza".
An Alfaya (Vigo, 1964) é autora dunha longa lista de títulos de literatura infantil e xuvenil, moitos dos cales recibiron premio. A sombra descalza, última obra elixida pola Lonxa Literaria para a súa lectura e análise, foi excepcionalmente premiada: levou o Premio Lazarillo de Literatura Xuvenil 2005 e o Xosé Neira Vilas 2006 e foi seleccionada para formar parte do catálogo The White Ravens 2007, que xunta a mellor LIX do ano no mundo. O encontro de An Alfaya cos lectores e lectoras da Lonxa producirase ás 18.00h na Casa da Mocidade de Moaña (O Rosal, s/n).
"Elsa, unha moza de dezaseis anos, vive asfixiada nun ambiente poboado de segredos familiares procedentes dun pasado escuro. A corda tensa dos silencios rómpese cando ela remexe neles, e fai que as voces das mulleres da casa, Amadora, Esperanza e Florinda, caladas durante moito tempo, revelen misterios que atinxen aos homes das súas vidas, Xuliano, Fernando, Bieito e Rafael, nunha tentativa de recuperar a dignidade perdida polas miserias da Guerra Civil. Nesa época quedou ancorada unha presenza ausente, Sagrario, que sen estar, paira pola vivenda como unha sombra descalza."
[presentación editorial]
Imprimir