Axenda



XIV Premio de poesía González Garcés

Deputación da Coruña
14:00
  • ABR 15
Premio Miguel González Garcés A Deputación da Coruña convoca este certame, dotado con 6.500 euros mais publicación da obra.
Poderá optar ao premio calquera persoa de calquera nacionalidade, que presente obra inédita e non premiada con anterioridade, escrita en lingua galega, agás quen xa levase o premio en edicións anteriores. Estabelécese un premio único e indivisíbel dotado con 6.500 €. A Deputación publicará a obra premiada, reservándose durante un prazo de dezaoito meses os dereitos de editala, e entregará ao gañador trinta exemplares.

As obras serán de tema libre, terán unha extensión non menor de trescentos versos e presentaranse por quintuplicado, en exemplares separados, en tamaño DIN A4, por unha soa cara, numerados, grampados ou encadernados. Presentaranse baixo un título e un lema, achegados de plica na que conste o título e o lema no seu exterior e contendo no interior o nome e apelidos do autor, o seu enderezo, nacionalidade e número de teléfono.

O prazo de admisión de orixinais remata o día 15 de abril de 2008 e deberán enviarse á Deputación da Coruña, Avda. Alférez Provisional 2, 15006 A Coruña, indicando no sobre “XIV Premio de poesía Miguel González Garcés”.

Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |