Axenda



XII Certame Francisco Añón de Poesía

Casa da Cultura, Outes
14:00
  • ABR 09
Francisco Añón O Concello de Outes convoca o certame, dividido en cinco categorías de idade desde os seis anos.
Poderán participar tódalas persoas interesadas, de calquera nacionalidade que presenten orixinais inéditos en galego, non máis aló do 9 de abril de 2008. Estabelécense as seguintes categorías de idade:

Categoría A: de 6 a 8 anos.
Premios: 1º Clasificado: vale de 90 € en libros e publicación da obra; accésit: publicación da obra.

Categoría B: de 9 a 11 anos.
Premios: 1º Clasificado: vale de 120 € en libros e publicación da obra; accésit: publicación da obra.

Categoría C: de 12 a 14 anos.
Premios: 1º Clasificado: vale de 150 € en libros e publicación da obra; accésit: publicación da obra.

Categoría D: de 15 a 17 anos.
Premios: 1º Clasificado: vale de 200 € a canxear en libros e publicación do poemario; accésit: publicación da obra.

Categoría E: Maiores de 18 anos.
Premios: 1º Clasificado: cheque por valor de 1000 € e publicación da obra; accésit: publicación da obra.

Para as categorías C, D e E, as obras terán unha extensión mínima de 150 versos. Os traballos presentaranse en sobre pechado, orixinal e cinco copias, figurando no seu exterior a mención “XII Certame Francisco Añón de Poesía”. Estes traballos recolleranse na Casa da Cultura (Avda. de San Campio, s/n - 15230 Outes, A Coruña). Tamén poden enviarse por correo ao mesmo enderezo.

Imprimir

Ligazóns:

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |