Axenda



Novidades LIX de Rosa Aneiros e Helena Villar

Feira do Libro, Santiago de Compostela
18:00
  • ABR 11
Os ourizos cachos e o gran río gris, Un rato na casa As autoras presentan Os ourizos cachos e o gran río gris e mais Un rato na casa na Feira do Libro compostelá.
A primeira achega de Rosa Aneiros á literatura para os máis cativos chámase Os ourizos cachos e o gran río gris, foi ilustrado por Rodrigo Chao e xa está na rúa. Un rato na casa é, en troques, un máis dos moitos títulos de LIX que leva asinados Helena Villar Janeiro. Os debuxos son de Mª Fe Quesada. Ambos os libros saen editados na colección Árbore-Os Duros de Galaxia.

Rosa Aneiros e Helena Villar estarán este serán na Feira do Libro de Compostela para presentaren os novos libros, acompañadas de Xosé Antón Neira Cruz, director das coleccións infantís e xuvenís de Galaxia.

Imprimir

Autores relacionados:

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |