Xesús Constela presenta "Libro das alquimias" en Pontevedra
Centro Social Caixanova, Pontevedra
20:00

É a segunda novela do ferrolán e a primeira que escribe para o público mozo.
Editorial Galaxia presenta en Pontevedra Libro das Alquimias, a primeira novela escrita por Xesús Constela e segunda obra publicada, logo de As humanas proporcións. A novela conta a historia dun rapaz que está a descubrir o mundo e que un día encontra a presenza dun vello que vai deixando ao seu paso, sen decatarse, unha guedella de estrelas.
O acto terá lugar na sala de conferencias do Centro Social Caixanova de Pontevedra (Praza de San Xosé) ás 20 horas.
Imprimir