Presentación da escolma "Letras novas"
Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar. San Caetano. Compostela
12:00

O libro xunta as colaboracións no xornal "Infoxove" de 51 creadores e creadoras das nosas letras máis actuais.
O xornal mensual Infoxove, editado pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, acumulou unha morea de páxinas dedicadas á nova creación literaria nos 20 números editados até decembro de 2007. Froito da colaboración entre a Dirección Xeral e a Asociación de Escritores en Lingua Galega nace agora o libro que reúne todas estas achegas. E vén acompañado dun CD con arquivos sonoros que recollen a lectura, a cargo dos seus autores e autoras, dalgúns dos textos contidos no volume.
O acto de presentación ten lugar ás 12 horas na sede de Vicepresidencia da Xunta. Nel participarán o director xeral de Xuventude, Rubén Cela, o presidente da AELG, Cesáreo Sánchez, e mais a vicepresidenta da asociación, Antía Otero.
Letras novas conta con textos de Antía Otero, María Lado, Lucía Novas, María do Cebreiro, Séchu Sende, Eduardo Estévez, María Reimóndez, Rosa Aneiros, Alberte Momán, Francisco Castro, Marica Campo, Estíbaliz Espinosa, Diego Ameixeiras, Rafa Villar, Lucía Aldao, Mario Regueira, Samuel Solleiro, Iria L. Teijeiro, Xiana Arias, O Leo, Daniel Salgado, Olga Novo, Yolanda López, Olalla Cociña e Emma Pedreira, entre moitos outros nomes.
Imprimir