Chus Ferrín dá un obradoiro de ilustración
Biblioteca Municipal de Gondomar
18:00

A ilustradora viguesa aprenderá aos cativos a debuxar na Biblioteca de Gondomar, a iniciativa de Espazo Lectura.
Espazo Lectura, o colectivo de animación á lectura do Val Miñor, ten reservado para o Día Internacional do Libro Infantil un obradoiro de ilustración con Chus Ferrín. O acto, que Espazo Lectura organiza en colaboración co Concello de Gondomar, estará dirixido a nenos e nenas maiores de tres anos e comezará ás 18.00h na Biblioteca Municipal de Gondomar.
A artista viguesa Chus Ferrín é licenciada en Belas Artes na especialidade de pintura. As súas obras foron obxecto de diversas exposicións e tamén recibiu o premio de escultura Cidade de Lugo. No campo da ilustración para LIX, ten publicados A encontadora (2003), Buguina namorada (Xerais, 2003), Contos prodixiosos (Xerais, 2004), Unha de lobos (Baia, 2005) e O ladrón de paxaros (Baia, 2006), entre outros.
Imprimir