Presentación de "Vento de Sal" e "Canle Segredo"
Casa do Libro, Vigo
20:00

Xosé María Álvarez Cáccamo presenta o seu novo poemario e mais a reedición da obra máis senlleira do seu pai.
Este ano de Xosé María Álvarez Blázquez xa deu para levar ao prelo unha morea de obras, tanto reedicións súas como títulos para a divulgación da súa vida e obra. Agora chega a agardada edición na colección Dombate de Canle segredo, obra que a crítica coincide en sinalar como a mellor achega do escritor tudense á poesía.
Da presentación desta edición dará conta un dos mellores coñecedores da obra de Xosé María Álvarez Blázquez: o seu fillo Xosé María Álvarez Cáccamo, quen tamén vén de engrosar a lista de títulos de Dombate co seu novo poemario, Vento de sal. O acto de presentación de ambos os libros terá lugar ás 20.00h na Casa do Libro de Vigo (Rúa Velázquez Moreno, 27).
Imprimir