O salón de actos do Consello da Cultura Galega será, a partir das 19.30h e por oitavo ano consecutivo, a sede do acto poético-musical conmemorativo do Día Mundial da Poesía/World Poetry Day, organizado polo Pen Clube de Galicia.
O acto abrirase cunha introdución a cargo de Luís González Tosar, presidente do Pen Clube. A continuación, Xavier Castro Martínez, secretario técnico da organización, fará lectura do manifesto do Director Xeral da Unesco, Koichiro Matsuura, con motivo desta celebración. O posterior recital poético contará coas intervencións de Luz Pozo Garza, María Xosé Queizán, Gastâo Cruz, Antoni Marí, Gonzalo Navaza, Olvido García Valdés -Premio Nacional de Poesía 2008- e César Antonio Molina, ministro de Cultura en funcións.
Intervirán Luz Pozo, Gonzalo Navaza, Mª Xosé Queizán, Olvido García Valdés e César Antonio Molina, entre outros.