Axenda



XII edición dos premios de teatro María Casares

Teatro Rosalía, A Coruña
20:30
  • MAR 27
XII Premios María Casares "Noite de Reis", "A piragua" e "As últimas lúas" optan aos mellores premios na gala do trinta aniversario do teatro profesional do país.
Ademais de optaren ao galardón de mellor espectáculo do 2007, estas montaxes suman entre as tres un total de 25 candidaturas. “Noite de Reis. Ou o que queirades”, obra do Centro Dramático Galego dirixida por Quico Cadaval, é finalista en nove categorías; "A piragua", tamén do CDG coa dirección de Cándido Pazó, aspira a sete galardóns; e "As últimas lúas", de Lagarta Lagarta e dirixida por Xulio Lago, xuntou outras nove candidaturas.

Na gala do trinta aniversario do nacemento do teatro profesional galego, Suso de Toro será o responsábel de ler o manifesto conmemorativo. No camiño cara ao profesionalismo, un dos fitos fundamentais foi a celebración da Mostra de Teatro Galego de Ribadavia durante os anos setenta: o Premio de Honra Marisa Soto vai precisamente para Rubén García, un dos creadores da Mostra e tamén director en varias ocasións da Feira de Teatro de Galicia.

Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |