Presentación en Vigo de "Hai cu", primeiro libro d'O Leo
Centro Social A Revolta, Vigo
21:00

A obra, que edita Xerais, foi concibida polo músico e poeta vigués como un "libro de poemas para ler no váter".
Hai cu. Pintadas no váter é o primeiro libro de poemas d'O Leo. Ocupado desde hai máis de dez anos na súa faceta musical e nos seus espectáculos ao vivo como O Leo i Arremecághona, a finais do ano 2005 crea na rede o seu blog haicu.blogspot.com. O poemario do mesmo nome preséntase agora en Vigo, nun "espectáculo multimerda" que terá lugar no Centro Social A Revolta (Rúa Real, 32) ás 21.00h.
"Se a poesía quere intimidade e reflexión, tempo, un dos sitios que mellor lle acaen hoxe é o váter: Hai cu, e polo tanto tamén hai medo. Ser retraído quere tempo. Tempo abondo para facer (de ventre) unha breve e(va)cuación. Tempo que se inviste, por exemplo, en faceren as súas pintadas os vates públicos nos váteres públicos. O váter reduto último do eu, do nós, do noso, do noxo. Un libro de poemas para colgar nun cordel no cravo en que espetamos as follas do xornal para nos limpar; de par da cadea da cisterna do váter. Mentres hai cu, hai esperanza."
[presentación editorial]
Imprimir