Axenda



Um instantinho de beleza

Teatro do Campo Alegre, Porto
22:00
  • MAR 27
Um instantinho de beleza Lucía Aldao, María Lado e Pepa Yáñez levan a súa performance poética, "Todo mal" ao Porto.
Co título dun verso de Alexandre O'Neill realízase este recital na cidade do Douro, que contará coa asistencia dunha ducia de poetas portugueses e coa achega das poetas galegas Lucía Aldao e María Lado, a canda a cantante e actriz Pepa Yáñez.

Xuntaranse tres colectivos poéticos: Caixa Geral de Despojos (Isaque Ferreira, Pedro Lamares e Paulo Campos dos Reis), Copo (Nuno Moura e Paulo Condessa) e Lupa (Adriana Faria, Daniela Dias e Inês Veiga de Macedo) que lle porán voz a nomes da poesía portuguesa das últimas décadas como Mário Cerariny, Fernando Assis Pacheco, Adília Lopes, António José Forte ou Daniel Filipe.


Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |