Presentación en Compostela do novo libro de Baldo Ramos
Libraría Couceiro, Santiago de Compostela
20:00

Editorial Bourel vén de publicar
"Monólogo do calígrafo
", última obra do poeta e artista gráfico ourensán.
O acto de presentación de Monólogos do calígrafo en Compostela terá lugar na Libraría Couceiro (Pza. de Cervantes, 6) a partir das 20 horas e contará coa presenza de Baldo Ramos e mais Antonio Piñeiro, responsábel da Editorial Bourel.
Baldo Ramos, que vén de publicar tamén as súas ilustracións para a escolma poética de Celso Emilio Ferreiro en Faktoría K, leva editadas arredor dunha ducia de obras, entre as que figuran libros de artista e poemarios en galego e castelán que o fixeron merecedor de numerosos galardóns.
Imprimir