Axenda



Semana do libro e da lectura en Carballo

Centros educativos, Carballo
  • ABR 20
  • ABR 21
  • ABR 22
  • ABR 23
  • ABR 24
  • ABR 25
  • ABR 26
Semana do Libro e da Lectura As Semanas que se están a celebrar en distintas localidades da nosa xeografía comparten un tema central: o mar.
Do 20 ao 26 de abril os alumnos dos centros educativos de Carballo, así como os seus pais e nais e o público en xeral, poderán gozar dunha serie de actividades programadas para fomentar o seu interese polo libro e a lectura. As Semanas do libro e da lectura teñen o mar como tema deste ano, o mesmo que o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, do que están sendo continuadoras.

Logo de Oleiros, Viveiro e Carballo, as vindeiras Semanas celebraranse en Monforte, Tui, Allariz, O Porriño, Moaña, Noia e Barbadás, ao longo de todo o 2008 e até xaneiro de 2009.

Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |