Lectores de Bos Aires presenta por segundo ano consecutivo un ciclo de literatura galega que nesta ocasión, e baixo o título,
Dez misterios en clave galega, analizará a novela policial e a novela negra na literatura galega.
A primeira destas xuntanzas, que se celebrarán mensualmente na sala Alfonsina Storni do Café Tortoni (Avenida de Mayo, 825, Bos Aires), ten lugar hoxe ás 15:00 horas. Neste caso, e como introdución á literatura policial, este ciclo comezará coa lectura e análise do conto
La muerte y la brújula, de Borges.