Axenda



Salón Internacional do Cómic de Barcelona

Barcelona
  • ABR 17
  • ABR 18
  • ABR 19
  • ABR 20
Salón Internacional do Cómic de Barcelona

A banda deseñada galega é unha vella coñecida neste evento, no que varios dos nosos ilustradores xa foron galardoados.

Na pasada edición, Miguelanxo Prado foi premiado en recoñecemento á súa traxectoria profesional; David Rubín recibiu o premio Joseph Toutain ao mellor autor revelación grazas a A tetería do oso malaio, obra coa que tamén fora nominado nas categorías de mellor debuxo, mellor guión e mellor obra; finalmente, o colectivo Polaqia obtivo o galardón ao mellor fanzine polo seu Barsowia.

O gran momento da banda deseñada galega fai que este sexa un dos espazos de obrigada visita na XXVI edición do Salón barcelonés. A ampla representación do mundo da ilustración de Galicia adquirirá un protagonismo aínda maior grazas á mostra antolóxica de David Rubín que instalará a organización da feira.


Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |